O barrio ordense do Piñeiro celebrou esta pasada fin de semana as súas festas na
honra de San Francisco de Asís. Unha xornada de celebración que contou na mañá de hoxe coa música tradicional do grupo Faíscas da Pontraga, ademais das
actuacións da Asociación Folclórica
Sementes da Arte.
A cantante Tania
Veiras foi a responsable de dar o pregón e desexarlle unhas boas festas a todos
os asistentes. Para amenizar tanto a sesión vermú como a verbena nocturna
estivo a orquestra Madeira, ademais do grupo local de rock Superoito.
*