lunes, 7 de octubre de 2013

Continúa aberto o prazo de inscrición para a excursión a Andalucía

Vista da praza de España de Sevilla, onde un mosaico recolle o nome do noso municipio de Ordes.

Os interesados poderán apuntarse ata o día 14 de outubro no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes

A saída será o día 22 e o regreso está previsto para o 27

O Concello de Ordes mantén aberto o prazo para participar na excursión organizada para os maiores do municipio, e que nesta ocasión transcorrerá por Córdoba, Sevilla e Granada dende o 22 ata o 27 de outubro. 

Os interesados deberán formalizar a súa inscrición ata o 14 de outubro no Departamento de Servizos Sociais. 

As taxas inclúen a estancia en hotel en réxime de pensión completa, servizo de autobús, seguro de viaxe e visitas guiadas nas cidades máis destacadas. 

*