Destinaranse 10 000 euros en axudas
Este
xoves rematará o prazo para solicitar as axudas que o Concello de Ordes concede
para a adquisición de libros e material didáctico complementario. Nesta ocasión
destinaranse un total de 10.000 euros en axudas deste tipo para o curso
2013-14.
Requisitos
Para poder optar a estas axudas son
imprescindibles, entre outros requisitos, que os membros da unidade de
convivencia residan en Ordes polo menos con dous anos de antigüidade; estar
matriculado nun centro escolar de infantil, primaria ou secundaria situado no
termo municipal; non estar repetindo curso; e que a suma das bases impoñibles do
IRPF dos membros da unidade de convivencia non exceda dos 7.000 euros; que a
suma dos valores catastrais das fincas urbanas non exceda os 35.000 euros
(excluída a vivenda habitual), que no caso das fincas rústicas será de 13.000
euros.
As solicitudes deberán presentarse no
Rexistro Xeral do Concello de Ordes.
*