viernes, 11 de octubre de 2013

O BNG de Ordes proporá a creación dun banco de terras municipal


Pablo Vidal: "Trátase dunha medida que beneficiaría aos propietarios mediante bonificacións no IBI e as familias ordenses terían un lugar para dispor dos seus cultivos"

O BNG de Ordes ven de presentar unha moción na que propón ao Concello de Ordes a levar a cabo a creación dun Banco de Terras Municipal (en diante BTM), no que recoller parcelas urbanas para destinalas a hortas nas que as familias ordenses poidan realizar os seus cultivos, ben para consumo propio ou ben para comercializar os seus productos na praza de abastos.

Os nacionalistas propoñen que as parcelas que formen parte do BTM, dispoñan dunha bonificación do 95 % no IBI mentres a parcela forme parte do BTM. 

Ademais os propietarios esquecerianse do mantemento e limpeza da finca, levada a cabo polas familias usufructuarias da parcela. A cesión da parcela sería anual, podendo incluíla no BTM cantas veces o estimase oportuno o propietario.

Xestión do BTM
O BTM, aseguran dende o BNG de Ordes, sería xestionado por técnicos municipais, que no caso de parcelas grandes, poderían subdividilas ao seu criterio, buscando sempre un reparto lóxico e optimizando os espazos.

Desde o BNG propoñen crear un listado de familias interesadas en dispor dunha horta, no que a condición de acceder ao mesmo fose ter un membro da familia censado no Concello. As hortas serían asignadas respetando criterios de renta

Para evitar a picaresca e casos de fraude, os nacionalistas propoñen ademais que as parcelas dun propietario incluidas no BTM, non poidan ser cedidas a familiares directos do mesmo.

Pablo Vidal (BNG).
As frases de Pablo Vidal, concelleiro do BNG de Ordes
“Trátase dunha medida que beneficiaría mutuamente aos vecinos e veciñas de Ordes; por un lado os propietarios beneficiaríanse mediante bonificacións no IBI e por outro, as familias ordenses terían un lugar para dispor dos seus cultivos

“Propoñemos ademais que o Concello de Ordes leve a cabo a realización de cursos de horticultura e facilite o acceso a un posto na praza de abastos a aquelas familias que queiran comercializar os seus cultivos”


*