O presidente Manuel Regos entre o grupo de alumnos participantes do curso de galego para extranxeiros. |
Os técnicos e persoal agardan que a Xunta e a Deputación lles conceda a subvención necesaria para continuar co proxecto formativo
O presidente da Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos Boquete, fixo
entrega esta mañá dos diplomas do curso de galego a estranxeiros.
Alumnos e alumnas procedentes de
Venezuela, Brasil, Marrocos, Colombia e Perú que durante corenta horas adquiriron
coñecementos básicos relacionados coa lingua e a cultura galegas.
Entre os
obxectivos marcados polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL),
responsable desta iniciativa, están os de conseguir a plena galeguización de
todos os colectivos da comarca, ademais de estimular aquelas actitudes
favorables para un pleno e correcto uso do galego.
Subvencións
Tanto os participantes como
os técnicos e o persoal da Mancomunidade de Ordes agardan que dende a Xunta de Galicia e a
Deputación da Coruña se lles conceda a subvención necesaria para poder continuar con este
proxecto formativo.
*