Carpas, sillas, mesas, maquinaria e incluso a intervención das forzas de
seguridade local intercámbianse en base a un espírito de apoio mutuo veciñal
“Os Concellos que formamos a a Mancomunidade
de Ordes apostamos pola colaboración e a compartición mutua e voluntaria de
moitos dos nosos bens, recursos e servizos. Sobre todo tendo en conta
situacións como a actual, na que é preciso o aforro en moitas áreas debido á
crise económica que está a atravesar o país”.
Son palabras do presidente da
Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Manuel Regos, e respaldadas
por cada un dos sete concellos que a integran.
Unha actitude coa que se da un
paso máis aló do estrictamente estipulado nos servizo a mancomunados que se
prestan, como pode ser o CIM, o de atención temperá, os servizos sociais ou a
labor do axente de emprego.
A pesar de
que non hai un inventario oficial de todos os bens que se poden intercambiar os
membros mancomunados “pódese dicir que todos vimos sabendo o que posúe cada un
de nós”, asegura Regos.
Un coñecemento dado “pola comunicación constante que
temos entre os alcaldes e representantes da Mancomunidade, xa que como mínimo
unha vez ao mes nos xuntamos para celebrar as sesións plenarias. É entón cando
ademais dos puntos da orde do día tamén nos poñemos ao corrente como veciños
que somos”.
Un espíritu de entendemento e unión que ven corroborado pola
traxectoria histórica desta Mancomunidade, que é a máis antiga de Galicia e que
a día de hoxe todos queremos seguir mantendo”.
Manuel Regos (UxO). |
As frases de Manuel Regos, presidente da Mancomunidade de Ordes
“Os
primeiros en demostrar as ventaxas que se poden acadar a través das
mancomunidades somos nós, polo que colaboracións desta índole son, ademais da
nosa responsabilidade como xestores, unha fórmula excepcional de cara á
cidadanía de demostrarlle o respeto que nos merecen"
"Non compartimos as
críticas, comentarios negativos e desconfianzas que nalgún momento se chegaron
a verquir sobre a cesión dalgún destes bens entre nós, xa que van en contra do
nosa filosofía e en contraposición do que entendemos por prestar un servizo
público financiado con fondos públicos”
*