Herba da Pampa cos seus característicos 'plumeiros'. / Wikipedia. |
Pedreira: "Falamos dunha especie invasora, que se expande con facilidade e que está a invadir terras de labradío"
Os socialistas pedirán tamén o
arranxo do firme entre o cruce da Espenica e O Regueiro e de varias pistas
estropeadas polas fortes choivas
O PSOE de Ordes alertou hoxe de que a
concesionaria da AP-9 está a utilizar como planta ornamental a chamada herba
da Pampa (acortadera ou cortadería selloana), unha especie exótica procedente da
Arxentina que se está a expandir fóra da autoestrada ao seu paso polo termo
municipal de Ordes.
Por iso, os socialistas ordenses presentarán no pleno deste xoves unha moción para instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a que demande de AUDASA, empresa concesionaria da Autoestrada do Atlántico, que elimine de inmediato a 'herba da pampa', iniciando un plan de erradicación e control da mesma na autoestrada, sobre todo no tramo correspondente ao Concello de Ordes.
Estado actual da pista da Espenica. |
Arranxo de pistas
Por outra banda, os socialistas ordenses aproveitarán a sesión plenaria deste xoves para solicitar arranxos en varias pistas do municipio, especialmente intransitables debido ás intensas choivas caídas nos últimos días e ao feito de que non contan con cunetas, o que fixo que a auga correra polo medio dos viais e os deteriorara aínda máis. Trátase das pistas entre o cruce da Espenica e o Lavadoiro da Espenica, de rego asfáltico, e outra de zahorra que parte deste vial ata Castiñeira.
Así mesmo, os socialistas faranse eco dunha petición dos veciños da Espenica e solicitarán que se repare o firme do vial que une o Cruce da Espenica co Regueiro, xa que se trata cun camiño moi utilizado polos veciños.
Xesús Pedreira (PSOE). |
As frases de Xesús Pedreira, voceiro municipal socialista de Ordes
“Falamos dunha especie invasora, que se expande con
facilidade e que está a invadir terras de labradío e outras, o que obriga aos
propietarios destes terreos a ter que gastar tempo e cartos na erradicación
desta planta, pois as súas raíces incrústanse na terra de maneira moi profunda
e supoñen unha grave ameaza para a conservación da biodiversidade”
“A erradicación da herba da Pampa esixiría un importante desembolso para os
propietarios dos terreos invadidos. De feito, segundo unha experiencia
realizada en Asturias, o custe medio por cada planta é de entre 2 e 10 euros,
xa que cortarlle os plumeiros só é un parche, pois volven saír"
"A solución máis
efectiva sería utilizar herbicidas, que custan uns 4.200 euros por hectárea. E
son precisas dúas aplicacións"