Dirixido a desempregados e autónomos, estase a celebrar na Casa de Cultura de Ordes
O Concello de Ordes ven de
emprender unha nova acción formativa dirixida tanto a desempregados como
autónomos. Trátase dun novo curso de creación de páxinas web de corenta horas de
duración. As clases están a ter lugar na Casa da Cultura de Ordes.
Este curso está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, máis concretamente pola Dirección Xeral de
Formación e Colocación. Tamén conta coa colaboración da empresa de formación
Recursos Galicia e a Asociación de Traballadores Autónomos por conta propia
(ATA).
Este novo proxecto inclúese dentro dos plans de formación
intersectoriais e sectoriais dirixidos prioritariamente a personas
traballadoras ocupadas, mediante a subscrición de convenios autonómicos.
*