jueves, 21 de junio de 2012
Aprendendo a buscar traballo
Cogami clausurou hoxe en Ordes o curso de técnicas de búsqueda de emprego
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) clausurou hoxe en Ordes o curso de técnicas de búsqueda de emprego. Dende o pasado martes, un total de doce veciños e veciñás de Ordes e da comarca con algún tipo de diversidade funcional e desempregados, participaron nestas sesións nas que aprenderon distintas técnicas de cara á obtención dun posto de traballo.
As clases desenvolvéronse na aula de informática da Casa da Cultura e contou coa colaboración do Concello de Ordes.
*