Esta noite, música e baile co orquesta Ría de Arosa
O Paraíso da vila de
Ordes celebra hoxe unha das súas citas festivas máis esperadas: San Antón. Unha
festa que este ano anota a súa XXI edición e que contou cunha misa solemne e
procesión á que acudiron centos de veciños e veciñas.
Orquesta
Os integrantes da
agrupación folclórica Embruxos de Leira foron os encargados tanto de animar
este percorrido como de marcar o inicio da sesión vermú. A orquesta Ría de
Arosa colleu o relevo a iso das 15:00 horas para volver a subir ó escenario xa de
noite e facer bailar a todos ós presentes ata ben avanzada a madrugada.