O portavoz municipal do BNG de Ordes fixo onte unha dura valoración do primeiro ano de mandato do actual Goberno municipal
O portavoz
municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, fixo onte unha valoración do primeiro ano
de mandato do actual goberno municipal de UxO, presidido por Manuel Regos,
calificándoo de “un ano perdido para Ordes, porque o goberno de Regos non
adoptou nin unha soa medida para dar solución aos problemas dos veciños de
Ordes”
Castro
afirmou que “o goberno de UxO non propuxo ningunha iniciativa para afrontar o
principal problema que ten o concello de Ordes, o desemprego, cunha das taxas
de desemprego máis altas da provincia da Coruña, que afecta
na actualidade a máis de 1.270 veciños de Ordes e as súas familias, no que
constitue un auténtico drama social”.
Grave retroceso
O portavoz do BNG manifestou
que “o goberno municipal atópase paralizado e sen iniciativas, e está condeando
ao noso concello a sufrir un retroceso moi grave, perdendo peso específico
tanto económica como socialmente como cabeceira de comarca”.
Castro citou “como exemplo
paradigmático desta paralise do goberno, o feito de que Ordes nin sequera teña
aprobados os seus Orzamentos Municipais para o ano 2012, cando xa nos atopamos
no mes de xuño.”
Gonzalo Castro
criticou que diate dunha situación crítica para o noso concello “o alcalde está
a actuar de forma absolutamente irresponsábel, negándose a dialogar e a chegar a acordos para
solucionar os problemas dos veciños e veciñas de Ordes”.
Gonzalo Castro, do BNG de Ordes. |
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
Castro salientou
que “o BNG propuxo durante este ano de mandato innumerábeis
iniciativas para tratar de impulsar económicamente o concello de Ordes e paliar
a sangría do desemprego, como son o impulso e promoción
da praza de abastos e a creación dun viveiro de empresas, ademáis de iniciativas
de apoio aos sectores agrogandeiro, comercial e hosteleiro do noso concello,
moi importantes para a creación de emprego nunha cabeceira de comarca como é
Ordes”.
“Seguiremos a propoñer iniciativas para
solucionar os principais problemas dos veciños e tratar de dar un xiro de 180
grados á nefasta xestión dun goberno municipal que non ten destinado nin un
euro á promoción económica e á creación de emprego, e que sen embargo ten
levado ao noso Concello e ter unha débeda de máis de dez millóns de euros”
*