Está situado no primeiro andar da Casa do Concello
O Concello de Ordes ven de instalar un novo punto de reciclaxe. Nesta ocasión trátase
dun contedor de recollida de cartuchos e tóners de impresoras que está situado no primeiro andar da Casa do Concello.
Os compoñentes informáticos como os tóners e os cartuchos son produtos moi contaminantes. Cabe ter en conta que para a fabricación das
carcasas de plástico precísase petróleo en
bruto, e para a desintegración natural de cada un deles é necesario o paso de máis de mil anos, polo que é esencial xestionar este residuo de maneira
axeitada e así evitar o seu vertido incontrolado.
Redución de CO2
A reciclaxe destes cartuchos
contribúe á redución de emisións directas de dióxido de carbono á atmosfera e evita a
utlilización innecesaria de materias primas, así coma de auga e enerxía.
*