domingo, 24 de junio de 2012

O Pazo do Bidueiro acollerá a tradicional xuntanza de maiores de Ordes

Terá lugar o domingo, 22 de xullo a partir das 13:30 horas e será necesario inscribirse previamente


Inscricións dende o 27 de xuño ao 13 de xullo


O Concello de Ordes xa puxo data para a súa tradicional xuntanza de maiores: o domingo 22 de xullo. Os actos arrancarán ás 13:30 horas cunha misa que se celebrará no Pazo do Bidueiro e tras a que se servirá un xantar no mesmo lugar.

Para poder participar nestes actos é imprescindible inscribirse previamente, presentando o DNI e pagando cinco euros por persoa. Cada participante recibirá un resgardo que deberá presentar o día da xuntanza para poder asistir aos actos previstos. As datas para formalizar esta inscrición irán dende o mércores 27 de xuño ata o venres 13 de xullo. Co fin de facilitar esta tarefa o Concello de Ordes ofrece a posibilidade de poder facelo nos distintos locais sociais espallados polas distintas parroquias do municipio.

Datas e horas de inscrición
Mesón do Vento: Xoves, 28 de xuño, de 11:00 a 13:00 horas.
Ardemil: Venres, 29 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas.
Leira: Sábado, 30 de xuño, de 11:00 a 13:00 horas e luns 2 de xullo, de 18:00 a 20:00 horas.
Lesta: Luns, 2 de xullo, de 18:00 a 20:00 horas.
Beán: Martes, 3 de xullo, de 18:00 a 20:00 horas.
Barbeiros: Mércores, 4 de xullo, de 18:00 a 20:00 horas
Vilamaior: Xoves, 5 de xullo, de 11:00 a 13:00 horas.
Buscás: Xoves, 5 de xullo, de 18:00 a 20:00 horas.
Mercurín: Venres, 6 de xullo de 18:00 a 20:00 horas.
Poulo: Sábado, 7 de xullo, de 11:00 a 13:00 horas
Parada: Luns, 9 de xullo, de 18:00 a 20:00 horas
Santa Cruz de Montaos: Martes, 10 de xullo, de 18:00 a 20:00 horas.
Pereira: Mércores, 11 de xullo, de 18:00 a 20:00 horas.
Guindibóo: Mércores 11 de xullo, de 20:10 a 21:10 horas.
Vila de Ordes: De luns a venres de 10:00 a 14:00 horas. Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes.

*