A exposición feita con materiais de refugallo está ubicada na primeira planta da Casa do Concello
Ata o 31 de xullo poderase
visitar a exposición ‘Xoguetes realizados con lixo’ que está a ter lugar na
planta baixa da nova Casa do Concello de Ordes. Monecos, futbolíns, coches de carreiras
e moitos máis obxetos conforman esta mostra, tendo en común o estar realizados
con materiais de refugallos. O obxetivo é o de potenciar a conciencia
mediambiental entre os máis novos do municipio, á par que incentivar a
súa creatividade.
Medio Ambiente de Ordes
A iniciativa xurdiu do departamento de Medio Ambiente de Ordes co gallo do Día Mundial do Medioambiente celebrado o pasado 5 de xuño. Dirixida
a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos, na cita participaron máis de vinte deles que recentemente
recibiron un premio outorgado polo Concello de Ordes.
*