O Partido Popular de Ordes informou hoxe de que as obras iniciadas estes días
polo Concello nas dependencias da piscina municipal do Campo da Feira
constitúen un “auténtico despropósito”. Os populares consideran que tales obras "puideron ser
efectuadas durante o inverno pasado para deixar as instalacións listas para o
seu uso ao comezo do verán".
O PP de Ordes
cuestiona así a decisión do equipo de Goberno municipal na medida en que vai implicar a
execución de traballo "a toda présa", co conseguinte "risco de que que xurdan
deficiencias", como xa ten acontecido, alertan, "con outras actuacións deste tipo
acometidas na vila nos últimos meses e que logo poden
resultar difíciles de correxir".
Con todo, para os populares de
Ordes non lles resulta sorprendente que Manuel Regos e o seu equipo de Goberno "aproveiten o
comezo do verán para executar as obras na piscina descuberta que, casualmente,
só está operativa durante o período estival".
Non sorprende a decisión, recoñecen dende o PP, "por ter sido adoptada polo mesmo alcalde que pretendendo acometer unha lixeira rehabilitación da Casa Consistorial, acabou provocando un dano estructural irreparable, con risco de derrubamento para o conxunto do edificio, que leva preto dun ano apuntalado e pechado a cal e canto".

Martínez Sanjurjo. |
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Lamentablemente, Manuel Regos pasará
á historia non só como o alcalde que sumiu a Ordes na bancarrota en so catro
anos, cunha débeda real recoñecida de máis de dez millóns de euros, senón por
adoptar un amplo abano de decisións absurdas e contrarias a toda lóxica, ás que
agora se suman as obras na piscina descuberta cando, precisamente, debería
estar lista para entrar en servizo”
*