A rúa dos Largartos, a escuras. |
O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, denunciou onte que
desde hai varios días, existen importantes rúas do centro da vila de Ordes nas
que non se pon en funcionamento o alumedado público.
Gonzalo Castro afirmou que, “en diversas rúas do centro da
vila de Ordes, como a Rúa Nova ou a Rúa dos Lagartos, hai varios días que non
se pon en funcionamento o alumeado público, sen que existan razóns que o
xustifiquen, o que está ocasionando un perxuizo evidente aos veciños e veciñas,
ademáis de xenerar un evidente risco para a seguridade cidadá”.
Aparcadoiro do Campo da Feira, iluminado. |
O portavoz do BNG de Ordes salientou que “o alcalde mantén
a escuras rúas tan importantes como a rúa dos lagartos ou a rúa nova, mentres
despilfarra unha desproporcionada cantidade de enerxía eléctrica, con catro
focos de alumeado propios dun campo de fútbol no aparcadoiro situado no Campo
da Feira, enfronte mesmo do seu domicilio”.
Gonzalo Castro esixiu ao alcalde
de Ordes que “repoña de inmediato este servizo nas rúas que se atopan a escuras,
xa que non hai ningunha razón que xustifique que se estea a perxudicar a
seguridade e o benestar dos veciños e veciñas de Ordes”
*
*