O material escolar pódese entregar nos establecimentos colaboradores ata o 5 de outubro. |
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes ven de emprender unha nova campaña solidaria en colaboración con Cáritas Ordes e Cruz Vermella Ordes. Trátase dun sistema de recollida de material escolar para familias desfavorecidas de cara ó vindeiro curso 2012-13.
Co fin de recadar únicamente o material que sexa útil os centros académicos espallados polo municipio elaboraron unha lista na que se precisa o máis indispensable. Lápices, bolígrafo, gomas de borrar, rotuladores, libretas de distintos tamaños, regras, carpetas, etc, pódense depositar ata o vindeiro 5 de outubro nas caixas destinadas a tal fin.
Comercios colaboradores
Éstas están ubicadas tanto nos centros de ensino como nos locais de Cáritas, Cruz Vermella, no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes, así como nas librerías Arume (Alfonso Senra, 148), La Repro (Alfonso Senra, 61), Tango (Rúa Nova, 47), Emilia (Rúa Compostela, 36) e Paraíso (Rúa do Paraíso, 11).
Todo o recadado repartirase entre os menores que formen parte das familias que estén inscritas no servizo de reparto municipal de alimentos.
Todo o recadado repartirase entre os menores que formen parte das familias que estén inscritas no servizo de reparto municipal de alimentos.
*