miércoles, 20 de junio de 2012

Alfonso Senra contou cos principais integristas profascistas da época para escribir o seu libro

O expresidente da Real Academia Galega, Xosé R. Barreiro Fernández, dixo do noso fillo predilecto que foi desviando a súa militancia "cara ao integrismo político profascista"

Barreiro Fernández: "As colaboracións de Alfonso Senra con Antonio Goicoechea e  Delgado Barreto son reveladoras"

As hemerotecas e bibliotecas seguen a amosar datos do pasado fascista e golpista do fillo predilecto de Ordes Alfonso Senra Bernárdez. O último dato esclarecido sobre a súa bibliografía arroxa unha única obra literaria: Del 10 de agosto a la Sala Sexta del Supremo, escrita en 1933 e prologada por Antonio Goicoechea, por aquel entonces un xurista e deputado polo partido conservador Renovación Española, que logo do Golpe participaría activamente na sublevación militar

Pero xa antes, Goicoechea tivo un papel protagonista na conspiración contra o Goberno democrático encabezado polo xeneral Sanjurjo. Co xeneral Barrera e os carlistas Olazábal e Lizarza, visitou en Roma a Mussolini en marzo de 1934, a quen lle pidiron axuda para derrocar á República Española. Chegaría a ser, Goicoechea, un dos asinantes do Dictame da Comisión sobre Ilexitimidade de poderes actuantes o 18 de xullo de 1936, documento que pretendía lexitimar o Golpe de Estado que propiciou a Guerra Civil Española.

Obxectivo: O réxime democrático
Pero lonxe de ser esta a única colaboración estelar na súa obra, para o seu epílogo, o fillo predilecto de Ordes, tamén pediu a colaboración dun xornalista profascista de nome Manuel Delgado Barreto, director do xornal La Nación, órgano da dictadura de Primo de Rivera. A súa principal liña informativa tiña que ver coa publicación de artículos sobre a revolución e contrarrevolución destinados á movilización de grupos dereitistas co obxecto de liquidar o réxime republicano establecido democráticamente en España. Delgado Barreto sería morto polas milicias do Fronte Nacional no cárcere madrileño de Carabanchel en novembro de 1936.

O prestixioso historiador ribeirense Xosé Ramón Barreiro Fernández, doutor en Dereito e Historia e expresidente da Real Academia Galega, dixo de Alfonso Senra que cos anos, foi desviando a súa militancia  “cara ao integrismo político”, e que as colaboracións de “dous dos representantes do integrismo profascista español” na súa obra, como son Goicoechea e Delgado Barreto, son “reveladoras”. 


*