Os escolares fixéronlle entrega dun conto creado por eles, Os ratos esfameados
A biblioteca municipal de Ordes acolleu nos últimos días a visita dos nenos e nenas das escolas unitarias das parroquias de Beán, Buscás, Merelle e Montaos. Unha vez no centro tiveron ocasión de realizar distintas actividades como a lectura de contos, a realización de debuxos, o visionado de películas ou narracións orais.
Os ratos esfameados
Os alumnos fixeron entrega dunha obra moi especial, trátase dun conto realizado por eles mesmos e encuadernado especialmente para a ocasión, que xa forma parte dos fondos bibliográficos do centro. Os ratos esfameados que é o título desta obra narra a historia de dous roedores ansiosos por saciar o seu apetito.
O libro tamén conta con ilustracións a toda cor realizadas polos nenos e nenas que o vindeiro curso radiarán esta historia na emisora municipal.
*