Aspecto das obras do peche da piscina do Muíño, no Campo da Feira de Ordes. |
O PP de Ordes informou hoxe de que "a sombra da sospeita e da
comisión de presuntas irregularidades esténse sobre as obras de reforma da
piscina municipal descuberta de Ordes, logo de que o Concello se negase a
amosar a concelleiros do Partido Popular o proxecto técnico dos traballos".
Os populares tamén sinalan que se atopan "sorprendidos polo feito de que
o Concello agardase ata a primeira semana de xuño para iniciar as obras de
reforma da piscina descuberta, xusto cando estas instalacións deberían estar a
piques de abrir as súas portas". Os concelleiros do Partido Popular reclamaron o
proxecto técnico nas dependencias municipais.
Cúmulo de sospeitas
Sen embargo, o equipo de
Goberno, aseguran, "negouse a amosar os documentos aos concelleiros da oposición sen
ofrecer argumentos válidos". Neste contexto, o Partido Popular interpreta que ou
ben "as obras se están a executar sen contar co preceptivo proxecto técnico", ou ben os traballos "se poderían estar desenvolvendo
ignorando o proxecto e mesmo de costas á normativa de aplicación".
Martínez Sanjurjo, do PP de Ordes |
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
"Tempo atrás, o Concello de
Ordes argumentou a necesidade de derrubar os vestiarios, aseos, cafetería a
acceso principal da piscina descuberta
por ter sido edificados sobre un tramo do río Mercurín. Pero agora, unha
vez derrubadas esas edificacións, o Concello pretende cubrir ese tramo fluvial
que discorre ao carón da piscina cun forxado de formigón, como fixo tamén sobre
outro anaco do río nunha zona próxima os xulgados e o Campo da Feira de Ordes"
*