Nesta edición foron dezaseis os alumnos de distintos concellos participantes no programa da Mancomunidade de Ordes
Alumnos, pais e nais de alumnos, monitores e representantes do Goberno municipal solicitaron a continuidade das axudas para este curso
Entre bágoas, emocionados e
manifestando o desexo de querer volver a reencontrarse nun novo curso. Así se
despediron esta mañá os alumnos, monitores, auxiliares e familiares na clausura
do curso de habilidades sociais que dende o pasado setembro se viu
desenvolvendo na aula adaptada do Mesón do Vento.
As concelleiras Silvia Marín e Lucía Iglesias non quiseron perder a
oportunidade de despedirse persoalmente de cada alumno e ver o momento no que
recollían os boletíns de calificacións e o seu diploma acreditativo. O
encargado de entregalos foi un emocionado alcalde Manuel Regos, que
unha vez máis puxo de manifesto o interés do actual equipo de Goberno por sacar
adiante as políticas sociais emprendidas cos máis desfavorecidos. Pola súa
banda os pais e familiares dos alumnos lle agradeceron o seu esforzo e
recoñeceron públicamente o beneficioso deste curso e a axuda moral que lles
supuso.
Alfabetización
En total foron dezaseis os alumnos e alumnas de diversos concellos da
Mancomunidade de Ordes a quenes se lles brindaron coñecementos en materia de
alfabetización, ademais de xogos e labores domésticas como tender e dobrar a
roupa, facer a cama, poñer a lavadora, colocar a mesa, etc. “O máis destacable deste
grupo son os lazos de amizade que se estableceron entre eles”, concreta a
auxiliar do curso, que interpreta isto como “un aumento nas súas capacidades de
relación cos demais e nun incremento da súa autoestima”.
“Agora o meu fillo non sae da casa sen deixar feitas a súa cama e a dos
demais, cando antes non facía nada de nada”, comentaba un das nais presentes. Outra
contestaba que a súa “filla antes nunca estaba alegre pero dende o pouco de
comenzar este curso é estar esperando polo transporte para que a traia e xa
empeza a rir e a contar cousas”.
Ter un amigo
Pero para todos o momento máis destacable e
entrañable do curso foi cando Juan caeu enfermo e tivo que deixar de asistir ás
clases. “Era sorprendente e emotivo como todos e cada un deles non deixaban de
preguntar todos os días por él”, asegura a monitora do curso. “Hai que pensar
que moitos deles por primeira vez na súa vida e grazas a este curso puideron
saber o que era ter un amigo”, conclúe.
Antes de concluir todos os presentes fixeron un chamamento de cara a
Xunta de Galicia e demáis organismos supramunicipais para que den o visto bo á subvención
da que están pendentes para poder continuar con este plan formativo.
Precisamente o interés por este tipo de iniciativas tradúxose nunha aportación
económica por parte do Concello de Ordes para poder continuar con este ciclo
durante estes dous últimos meses.
*