O Concello de Ordes ven de programar un curso sobre conducción de carretillas que contou con lista de espera
Estase a valorar unha nova convocatoria para o mes de xullo
Esta fin de semana, o Concello de Ordes levou a cabo o curso sobre
conducción de carretillas. As clases teóricas tiveron lugar ó longo da tarde do venres na aula ubicada nos baixos da Alameda. Onte sábado, as clases trasladáronse ao recinto feiral de
Mesón do Vento. Cada un dos matriculados tivo ocasión de poder manexar unha
carreta elevadora baixo a supervisión dun monitor, ademais de realizar
distintas maniobras nun circuito pechado. O curso tamén conta con varias horas
formativas a distancia nas que se poderá contactar cun titor que resolverá
todas as dúbidas que poidan xurdir en relación co manual que se proporcionará.
En
total foron máis de trinta os alumnos que asistiron a este novo plan
formativo. Dende o Concello aseguran que estase a valorar a posibilidade de realizar unha nova convocatoria para o mes de xullo, na que daríase cabida a todas as persoas que non
puideron inscribirse nesta ocasión.
Catro módulos
O
plan formativo, desenvolvido conxuntamente coa empresa de formación Recursos
Galicia, está composto por un total de catro módulos, onde entre outros aspectos
se ofrecen coñecementos sobre mecanismos de arranque, tipos de carretas,
movementos hidráulicos, tipos de cargas e de palés, almacenaxes, mantemento,
normas de seguridade, dispositivos protectores ou reparacións básicas entre
outros.
*