miércoles, 13 de junio de 2012

Cheo absoluto para 'Cantiga da rúa'



Os alumnos do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela interpretaron unha versión do clásico dos irmáns Green, Os músicos de Bremen

Na tarde do pasado luns, a Casa da Cultura do Concello de Ordes acolleu a representación do musical ‘Cantiga da rúa’ a cargo dos alumnos do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela son os intérpretes desta obra baseada na obra Os músicos de Bremen dos irmáns Green


Teatro Intercentros
O auditorio contou cun cheo absoluto tendo incluso que aumentar o número de butacas dada a afluencia de público que acudiu á cita. A obra recibiu recentemente o primeiro premio do Certame de Teatro Intercentros, nos que participaron numerosos centros de Santiago e da súa comarca. 



*