Foron cincuenta os ordenses matriculados nas clases que reciben tres días á semana
"Ter unha titulación é moi importante para acceder ó mercado laboral", declarou a tenente de alcalde
Os alumnos do curso de graduado
para adultos que ó longo dos últimos meses se desenvolveu no Concello de Ordes
recibiron hoxe os seus diplomas acreditativos. O acto tivo lugar nos baixos da
Alameda e contou coa participación dos concelleiros Silvia Marín e Luis Gómez
que felicitaron a todos eles polos resultados xerais, así como polo esforzo e
interés demostrado.
Unha vez máis o nivel de aprobados no Concello de Ordes supera o 30%,
doblando a media de porcentaxe da maioría de localidades e centros que imparten
este tipo de cursos. Cabe lembrar que Ordes presenta un elevado número de
alumnos. En total son 50 personas matriculadas que reciben clases durante tres días á semana.
Recursos
“Hai que ter en conta que este ano tan só houbo dous meses para
poder preparar o programa, polo que aínda ten máis mérito o éxito acadado”,
puntualizou a tenente alcalde, Silvia Marín. Aínda así dende o Concello estanse
a tramitar os recursos daqueles alumnos que non están conformes cos resultados
acadados tras os exames.
As frases de Silvia Marín, tenente de alcalde de Ordes
“Cada vez é máis importante estar preparado e ter unha titulación para
poder acceder ó mercado de traballo, polo que adquirir este tipo de
coñecementos é algo imprescindible para calquera”
"Animo a todos aqueles que teñan que realizar máis probas no mes de setembro a estudar e volver a intentalo adicándolle tempo e esforzo”
*