Aprenderán a manexar os programas Photoshop e Freehand
O Concello de Ordes acolle dende
onte un novo ciclo de formación orientado a desempregados e autónomos. Trátase dun
curso de deseño gráfico cuxas clases presenciais, que ascenden a 15 horas, se
desenvolverán ata o vindeiro 26 de xuño. Posteriormente os alumnos poderán
continuar o proceso de aprendizaxe a través de internet durante 30 horas máis.
Os 15 alumnos que participan neste novo plan de formación, autónomos e
desempregados do Concello de Ordes, traballarán cos programas Photoshop e
Freehand.
Gratuíto
O curso é de carácter gratuíto e está cofinanciado pola Xunta de
Galicia, o Fondo Social Europeo e a Asociación de Traballadores Autónomos de
Galicia, ademáis de contar coa colaboración do Concello de Ordes.
*