Máis de 200 veciños e veciños participan nesta exposición que se pode contemplar no Museo do Traxe Juanjo Liñares
O museo do traxe Juanjo Liñares de Ordes acolleu hoxe ás 20:00 horas, o acto de apertura da sexta edición da
Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes. Un acto que estivo presidido polo presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Manuel
Regos Boquete, e no que participarán alcaldes e concelleiros dos sete concellos
da comarca ordense, que farán entrega dun agasallo a cada un dos 200 veciños e
veciñas participantes nesta mostra.
Estes 200 veciños pertencen ás dezanove escolas
municipais e asociacións de veciños dos municipios de Frades, Mesía, Ordes,
Oroso, Tordoia e Trazo que participan na mostra deste ano, tres agrupacións
máis ca en 2011. Por municipios, como xa é habitual a maior participación
rexístrase nos locais de Ordes (6 agrupacións), seguidos por Oroso (5
entidades).
Participantes
A exposición inclúe traballos de debuxo, pintura,
cesteiría, manualidades, bolillos... Poderá visitarse ata o vindeiro 17 de xuño
no museo do traxe Juanjo Liñares de Ordes. O horario de visita é de 10:00 a
14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas (de martes a sábado); e o domingo, de
10:00 a 14:00 horas.
A VI Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de
Ordes está organizada pola Mancomunidade de Municipios de Ordes e polo Concello
de Ordes. Conta co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña. Nesta edición
participan:
-
Obradoiro municipal de manualidades de Cerceda
-
Curso de tapicería de Frades
-
Curso de arte floral de Frades
-
Obradoiro municipal de manualidades e pintura de
Mesía
-
Unidade galega de veciños, mulleres rurais de Santa
Cruz de Montaos (Ordes)
-
Asociación de Amas de Casa de Ordes
-
Obradoiro municipal de debuxo e pintura de Ordes
-
Curso de habilidades sociais para persoas con
discapacidade do Concello de Ordes
-
Asociación de veciños “O Cruceiro” de Beán (Ordes)
-
Curso de bordado da Agrupación de Mulleres de Ordes
-
Obradoiro de manualidades de Oroso
-
Obradoiro de bolillos de Oroso
-
Obradoiro de arte floral de Oroso
-
Asociación Andaina pro saúde mental (Oroso)
-
Asociación cultural Garga-Trasmonte (Oroso)
-
Asociación de mulleres “Pedralonga” (Tordoia)
-
Asociación de mulleres “A Ponderosa” (Tordoia)
-
Asociación de mulleres de Trazo
-
Asociación de veciños “A Carballeira” de Chaián
(Trazo)
*