Verónica Gómez Fuentes é natural de Buscás. |
A ordense Verónica Gómez Fuentes vén de ser nomeada a pasada fin de semana
á fronte da Secretaría de Economía e Emprego do PSdeG-PSOE da Coruña, logo da
elección de Francisco Caamaño como secretario xeral dos socialistas coruñeses.
O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, considera
que “este nomeamento é un recoñecemento de Francisco Caamaño ao traballo
realizado pola Agrupación Socialista de Ordes, pois é moi significativo que
confíe en nós un área de tanta responsabilidade, especialmente nestes tempos de
crise económica que estamos a vivir”.
Número catro nas municipais
Pedreira Mirás felicitou a Verónica Gómez, que formou parte da lista do
PSOE de Ordes nas pasadas eleccións municipais. Gómez Fuentes, que ocupaba o
posto número catro da lista, é veciña de Buscás e está licenciada en Administración e Dirección de Empresas.
*