O BNG celebra mañá un acto público en Ordes coa participación de Carlos Aymerich
O BNG de Ordes celebrará mañá venres, 29 de xuño ás 21:00 horas unha conferencia económica a cargo do deputado autonómico Carlos Aymerich. O acto terá lugar no salón de actos dos baixos da Alameda da vila de Ordes.
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou que
se explicarán cuestións relacionadas co referendo sobre o rescate, coa solución
das preferentes, atención ao público e mantemento do emprego en Novagalicia Banco,
comisións de investigación e a necesidade dunha banca pública galega.
*