O portavoz municipal do PP de Ordes preguntará no Pleno desta tarde sobre un alugueiro dunha carpa por valor de 48.000 euros
Tamén instará a que o Goberno municipal "deixe de marcar a liña informativa" de Radio Ordes
O Partido Popular de Ordes reclamará no pleno de esta tarde "explicacións ao alcalde" sobre a "sucesión de gastos de difícil xustificación nun momento no que a débeda
do Concello supera os dez millóns de euros". O Partido Popular considera "inadmisible" que o Concello de Ordes asuma o pagamento de hospedaxes relacionadas
cos recente Festa do Lacón e esixirá ao alcalde que explique as
razóns dese gasto e quen ou quenes se beneficiaron de “noites de hotel gratis
total a conta dos impostos de todos os veciños de Ordes”.
Segundo afirma o seu portavoz municipal, José Luis Martínez Sanjurjo, “sabemos que o rigor na xestión
dos cartos públicos brila pola súa
ausencia no Concello de Ordes, pero esta factura dispara as alarmas,
porque só nos faltaba acreditar, como sucede con esta factura, que algúen
disfrute de vacacións de balde con cargo aos nosos impostos”.
Na mesma liña, o grupo municipal popular preguntará ao alcalde se considera que o Concello
de Ordes se pode permitir destinar máis de 48.000 euros de alugueiro dunha
carpa cando a débeda municipal ascende a máis de dez millóns de euros.
Negociado sen publicidade
Para o Partido Popular resulta "sospeitoso" que a contratación dese servizo se efectuase "por procedemento
negociado e sen publicidade", cando, aseguran, "unha licitación aberta, na que diferentes
empresas pudieran presentar ofertas podería resultar máis económica para as
arcas municipais".
No Pleno previsto para esta tarde, o Partido Popuar de Ordes tamén defenderá unha moción para instar
ao Concello a que "deixe de marcar a liña informativa da radio municipal", de
maneira que este medio poda "emitir contidos plurais, a diferencia do que
acontece actualmente, no que se censuran sistematicamente as informacións críticas
co equipo de Goberno".
Piden tamén os populares unha "reorientación dos contidos dos paneis informativos que o Concello instalou na
Alameda e no Campo da Feira e que son utilizados para impulsar a imaxe do
alcalde".
José Luis Martínez Sanjurjo. |
Rogos e preguntas
Outros rogos dos populares para esta tarde son os seguintes:
Recolocar
a marquesiña danada por un accidente no lugar de Folgoso (Pereira).
Garantir
a apertura e peche do cemiterio municipal nos horarios establecidos, dado
que algunhas noites non se pecha.
Arranxo
do vial de acceso a Carballedo (Buscás) e do que comunica o lugar de
Outeiro coa estrada de Lanzá.
Corrixir
as deficiencias detectadas nos pasos de peóns da vila de Ordes.
Executar
as obras comprometidas para evitar asulagamentos nas vivendas de Tras do
Cruxo e Fontenla (Merelle).
Instalar
sinais de limitación de velocidade e outros elementos disuasorios na pista
que atravesa o lugar da Folgueira (Mesón do Vento)
Arranxar
os desperfectos que presentan as escaleiras que comunican o campo da feira
do Mesón do Vento coa estrada N-550.
No capítulo de preguntas, o grupo
municipal popular tamén se interesará polas subsanación que o
Concello debería ter enviado á Xunta de Galicia para incorporar ao informe
previo á aprobación inicial do PXOM,
sobre as actuacións desenvolvidas polo Concello no contorno do río Mercurín; e
polas obras que se están a executar en Guindibóo de Abaixo.
*