A conselleira Rosa Quintana e outros, esta mañá na Coruña firma dos convenios PEIM. |
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana reuniuse hoxe na Delegación Territorial da Xunta na Coruña, para asinar os convenios sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) cos distintos alcaldes dos concellos que se beneficiarán deste investimento. Entre eles estará o concello de Ordes, que se beneficiará dunha achega de 106.536,87 euros.
Xunta-Ministerio
O convenio establece que a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural, mentres que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente colaborará no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais.
*