Participaron máis dunha veintena de rapaces de entre os 3 e os 12 anos
Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente
celebrado hoxe o Concello de Ordes entregou os premios ós participantes no I
Concurso de realización de xoguetes feitos con lixo. Nel participaron máis
dunha veintena de rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e os 12
anos de idade, que realizaron os seus particulares xoguetes empregando todo tipo
de refugallos.
Os concelleiros Silvia Marín e Luis Gómez foron os encargados de
facerlle entrega dunha bolsa repleta de agasallos e sorpresas. Marín destacou a
importancia deste tipo de iniciativas que “demostran que o lixo se pode
reutilizar e transformar en cousas novas e divertidas”. Os traballos estarán
expostos durante as vindeiras semanas na pranta baixa do novo edificio
da Casa do Concello para desfrute dos visitantes.
*