Os participantes poideron degustar polbo e churrasco
O lugar de Guindiboo, na parroquia de
Santa Cruz de Montaos, celebrou onte a súa festa na honra
de San Antón.
Misa, baile e xantar
A xornada arrancou cunha misa na capela ubicada no mesmo
espazo onde posteriormente se celebrou o baile, que correu a cargo do grupo
Alcázar e do grupo de gaitas Os Pelexos de Montaos. Na romería tamén se puido degustar polbo e churrasco.
*