sábado, 15 de junio de 2013

Manuel Regos respostou ás preguntas sobre Ordes dos máis pequenos

O grupo de escolares, posando no Parque da Constitución de Ordes.
Alumnos e alumnas de Educación Primaria do CEIP Castelao visitaron as novas dependencias do  Concello

O Concello de Ordes recibiu na mañá de onte a visita de decenas de alumnos e alumnas do cuarto curso de Educación Primaria do CEIP Castelao. Xunto coas súas mestras todos eles fixeron un percorrido polas dependencias da nova Casa do Concello facendo parada en cada departamento, onde tiveron a ocasión de coñecer e falar cos funcionarios e persoal laboral. 

Acompañados en todo momento pola tenente alcalde, Silvia Marín, e xa no salón de plenos ubicado nos baixosa da Alameda, puideron plantexarlle ao alcalde cuestións relacionadas tanto co Concello como coa actividade política. 

O alcalde, Manuel Regos, respondendo ás cuestións dos escolares.
Preguntas
Resultados electorais, orzamentos municipais, organización de plenos, aprobacións de leis, división de poderes e representación de partidos ou as causas da actual crise económica foron algunas das cuestións ás que Manuel Regos ofreceu resposta.


Unha vez finalizado o encontro, o primeiro edil fíxolles entrega a todos eles dun pequeño agasallo e convidounos para que, xa no vindeiro cursos, seguisen visitando outras dependencias municipais como a emisora de radio.

*