Estase a desenvolver na cidade deportiva de Vista Alegre e rematará mañá venres
A cidade deportiva de Vista Alegre acolle dende onte o III Campus de Atletismo Concello de Ordes. Ata o
vindeiro venres preto dun cento de atletas dende a categoría infantil ata a de
veteranos, participarán nesta convocatoria.
O programa deu comezo con carreiras de velocidade, nas que se incluíron
circuítos con e sen obstáculos, ademais de xogos multiatléticos.
Ademais,
os atletas tamén poderán practicar con xavelina, disco, martelo, peso, saltos
de lonxitude e altura, carreiras de resistencia e de relevos, xunto con probas
de multilanzamento.
Trofeos e premios
Os gañadores virán dados pola suma total de cada unha
destas probas. Para todos eles haberá trofeos, ademais de sortearse agasallos
entre todos os participantes de cara ao vindeiro venres, día no que se clausurará
esta edición.
O cadro
técnico para este ano está encabezado por José Domínguez, adestrador nacional
de atletismo e licenciado en Educación Física, do clube de atletismo
A Silva. Outros compoñentes serán: Sandra Don, Julio Santiago Freijanes, Ana
Domínguez, Irene Mallo ou Marín Liste, recente campión nacional de lanzamento
de disco.
*