Coa colaboración de La Caixa, Gadis, Nutrexpa, Carnicería Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Coca-Cola, Pazo Bidueiro, Feiraco, Reale Seguros, Jaime Castro Asesoría e Seguros
Máis de 600 corredores participarán este próximo
domingo a partir das 10:00 horas na XVIII Carreira Popular Concello de Ordes. Este
ano, a organización entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada
modalidade nas categorías masculina e femenina, así como aos tres primeiros
clasificados do Concello. Tamén recibirán premio os máis novos e os máis veteráns
de cada proba.
Como cada ano haberá premios en metálico destinados á carreira
absoluta (xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns), que nesta ocasión serán
de 150, 80 e 50 euros para os corredores individuais. No caso de clubes
federados e grupos do municipio a cuantía será de 150, 100 e 50 euros.
O Concello de Ordes conta coa colaboración de La Caixa, Gadis, Nutrexpa,
Carnicería Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Coca-Cola, Pazo Bidueiro, Feiraco,
Reale Seguros, Jaime Castro Asesoría e Seguros.
*