"O exercicio da avogacía non pode ser alleo á situación social que estamos vivindo, e debe axudar á xente que está sufrindo as consecuencias dos abusos do sector financeiro”, asegura o avogado
O ex portavoz municipal do BNG, o avogado Gonzalo Castro, hoxe titular do
despacho ordense Castro Avogados, anunciou esta mañá a posta en marcha dun servizo de asesoramento e apoio xurídico tanto para
persoas afectadas pola problemática das participacións preferentes como para persoas con
problemas para poder facer fronte ao pago da hipoteca da súa vivenda habitual e
evitar a execución hipotecaria.
O servizo será gratuíto e estará
dispoñible unha vez á semana para calquera veciño da comarca de Ordes.
Quen queira recorrer a este servizo poderá facelo na sede de Ordes do despacho Castro Avogados, sito na rúa Parque Felix Rodríguez de la Fuente, 34, 3B, todos os mércores de 16:30 a 20:30, concertando cita previamente no teléfono 698159678 ou no correo electrónico gonzalo@castroavogados.com
Gonzalo Castro. |
As frases de Gonzalo Castro, avogado
“Este servizo
pretende dar asesoramento e apoio xurídico á xente afectada por estos dous
importantes problemas, co obxectivo de conseguir solucións satisfactorias á súa
situación”
“O exercicio da
avogacía non pode ser alleo á situación social que estamos vivindo, e debe
utilizar os resortes á súa disposición para axudar á xente que está sufrindo as
consecuencias dos abusos do sector financeiro”
*