miércoles, 5 de junio de 2013

O BNG apremia ao alcalde para que "pinte debidamente" a sinalización horizontal na N-550


Tramo da N-550 ao seu paso por Guindiboo.
Ramiro Recouso: "As liñas e trazos discontínuos están case borrados, ou non destacan tanto como a liña continua"

O BNG de Ordes instou hoxe ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, para que esixa da Demarcación de Estradas de Galicia o repintado das liñas e os trazos descontinuos que permitan os cambios de dirección da circulación vial.

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, presentou un rogo no pasado pleno da Corporación, referente a esta problemática. 

Segundo os nacionalistas, desde hai unhas semanas estase procedendo ao repintado da sinalización horizontal na N-550 ao seu paso por Ordes. 

Estanse pintando novas isletas de desviación ou acceso a esta estrada, así como o repintado das liñas continuas, deixando sen repintar os tramos de liña discontinua.

Liñas discontínuas
Ao non ser repintadas, aseguran dende o BNG, as liñas discontinuas están case borradas, ou non destacan tanto como a liña continua. 

Esto supón que nos tramos onde coinciden as dúas coma poden ser zonas de adiantamento ou de cambio de sentido cara a esquerda, os condutores teñan dúbidas de si se pode facer a manobra, ademais que se xenera confusión coa sinalización vertical.

Así, e sempre segundo o BNG de Ordes, os usuarios da vía temen ser sancionados pola Garda Civil de Tráfico, moi frecuente na zona, polo que desde o BNG de Ordes se solicita que de xeito urxente se pinte ou repinte debidamente a sinalización horizontal da N550.

*