Haberá trofeos para todos os participantes
Inscricións ata o 19 de xuño na Casa do Concello
A Cidade Deportiva Vista Alegre acollerá dende o 25 ao 28 de xuño o III Campus de Atletismo, dirixido tanto a rapaces e rapazas de Primaria e Secundaria
como a adultos e veteráns.
O programa arrancará o primeiro día con carreiras de velocidade, nas que
se inclúen circuítos con e sen obstáculos, ademais de xogos multiatléticos. O
mércores 26 levaranse a cabo as probas de lanzamento de xabelina, disco, martelo,
peso e xogos de multilanzamento.
Xa de cara ao xoves 27 a xornada estará entrada nos
saltos de lonxitude e altura, ademais das carreiras de resistencia. Para
finalizar, o venres 28 disputaranse carreiras de relevos. Os gañadores virán
dados pola suma total de cada unha destas probas. Para todos eles haberá
trofeos, ademais de sortearse agasallos entre todos os participantes.
Cadro técnico
Entre o cadro técnico para este ano está encabezado por José Domínguez,
adestrador nacional de atletismo e licenciado en Educación Física. Outros
compoñentes serán: Sandra Don, Julio Santiago Freijanes, Ana Domínguez e Irene
Mallo, todos eles monitores nacionais de atletismo.
Inscricións
Aqueles que queiran participar poderán inscribirse ata o 19 de xuño na Casa do Concello de Ordes, no Concello de Cerceda ou ben no colexio Celso Emilio
Ferreiro, na Silva.
É preciso aportar a ficha de inscrición e o xustificante de pago, cuxo importe por
alumno ascende a 18 euros (30 euros no caso das parellas de irmáns e 40 euros a
partir de tres).
Os cartos deberán ser ingresados en Novagalicia Banco, no
número de conta 2091 0037 78 3000089371, especificando ‘Campus Atletismo 2013’ como concepto do
ingreso.
*