sábado, 15 de junio de 2013

O PSOE reclama que Fomento limpe as cunetas da N-550 ao seu paso por Ordes

Estado da rotonda do Mesón do Vento.
Alertan tamén do alto risco de lume que se provoca con este abandono

Xesús Pedreira: "É preciso facer esta limpeza canto antes e de xeito preventivo"

O PSOE de Ordes denunciou a situación de abandono das cunetas da N-550 ao seu paso por Ordes. Segundo os socialistas ordenses, o Ministerio de Fomento leva máis dun ano sen limpar estas cunetas, polo que a maleza estase a acumular en moitas zonas da N-550, algo que se pode observar tanto na rotonda de entrada ao Mesón do Vento como nas cunetas desta estrada ao seu paso pola localidade de Guindiboo


Estado da cuneta da N-550 no lugar de Guindiboo.
Riscos
Ademais, advirte do alto risco de lume que pode supoñer ter neste estado as cunetas dunha vía tan transitada como a N-550.

Por iso, os socialistas presentarán unha iniciativa na vindeira sesión plenaria do Concello de Ordes para instar ao Ministerio de Fomento a acometer este ano a limpeza das cunetas da N-550 ao seu paso polo municipio ordense.

Xesús Pedreira (PSOE de Ordes).
As frases de Xesús Pedreira, voceiro socialista de Ordes
“Pode resultar perigosa para a seguridade viaria dos peóns, que teñen que invadir a calzada, como para os condutores, pois nalgunhas zonas como nas rotondas perden visibilidade” 

“É preciso facer esta limpeza canto antes e de xeito preventivo, pois agora que comeza a tempada de lumes esta maleza é un perigo pois pode dar lugar a un lume cerca das vivendas cunha simple cabicha tirada dende un vehículo”

*