Manuel Regos en Madrid recibindo o premio da Federación de Usuarios-Consumidores Independentes (FUCI). |
A xestión do Concello de Ordes ordense foi recoñecida pola FUCI nas modalidades de residuos, limpieza e xardinería, Educación Ambiental e participación cidadá
O acto foi celebrado no Ministerio de Sanidade coa presenza do alcalde Manuel Regos
O Concello de Ordes ven de ser
distinguido esta semana pola Federación de Usuarios-Consumidores
Independientes (FUCI) na XII edición dos Premios Bandera Verde-Municipio
Responsable, que recoñecen e premian os esforzos que en materia de medio ambiente,
consumo e sostenibilidade realizan as administracións locais dentro do ámbito
nacional.
A xestión do Concello de Ordes ordense foi recoñecida por esta federación
nas modalidades de residuos, limpieza e xardinería, Educación Ambiental e
participación cidadán.
O
encargado de recoller o galardón foi o alcalde, Manuel Regos, nun
acto celebrado hai escasos días en Madrid, e presidido polos ministros de
Sanidade, Políticas Sociais e Igualdade, Ana Mato; así como o ministro de Agricultura,
Alimentación y Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Agradezo esta
concesión ao equipo do Goberno municipal de Ordes que sempre ten nas súas prioridades a sostenibilidade e o mantemento do
noso municipio en perfectas condicións para deixarllo como é debido ás
xeneracións futuras, xa que se trata da mellor herencia e legado que podemos
ceder”
“Recoñecementos deste tipo son un pulo
para continuar traballando na mesma liña”
*