jueves, 20 de junio de 2013

Clausurados os cursos de informática de Ordes


Haberá novas convocatorias a partir de setembro

O Concello de Ordes finalizou onte as clases do curso de informática, que ao longo das últimas semanas se viñan realizando na Casa da Cultura. Nesta ocasión os alumnos e alumnas acadaron coñecementos a nivel de iniciación, ademais de aprender o manexo de internet

Na clausura contouse coa participación do concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez Raña, quen lle fixo entrega dos diplomas acreditativos. As vindeiras convocatorias terán lugar a partir do mes de setembro. 

*