lunes, 3 de junio de 2013

O mércores remata o prazo de inscrición na carreira popular de Ordes

A proba terá lugar o domingo 9 de xuño e as inscricións deberán formalizarse na Casa do Concello ou no teléfono 981 680002

Colaboran: La Caixa, Gadis, Nutrexpa, Carnicería Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Coca-Cola, Feiraco, Reale Seguros, Jaime Castro Asesoría e Seguros

O Concello de Ordes manterá aberto ata o vindeiro mércores 5 de xuño o prazo de inscrición para poder participar na súa XVIII Carreira Popular. Unha proba que se disputará o vindeiro domingo 9 de xuño e na que cada ano se congregan a milleiros de persoas chegados de toda Galicia entre atletas profesionais e afeccionados de todas as idades a partir dos 0 anos. 

Para apuntarse basta con achegarse ata o Departamento de Cultura e Deporte, ubicado no primeiro andar da Casa do Concello ou ben chamar ao teléfono 981 680002. Os corredores da categoría absoluta deberán facelo a través da páxina www.championchipnorte.com.

Premios
Este ano a organización entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada modalidade nas categorías masculina e feminina, así como aos tres primeiros clasificados do Concello. Tamén recibirán premio os máis novos e os máis veteráns de cada proba. 

Como cada ano haberá premios en metálico destinados á carreira absoluta (xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns), que nesta ocasión serán de 150, 80 e 50 euros para os corredores individuais. No caso de clubes federados e grupos do municipio a cuantía será de 150, 100 e 50 euros.

Organiza e colaboran

Nesta cita deportiva o Concello de Ordes, organizador desta proba, conta coa colaboración de La Caixa, Gadis, Nutrexpa, Carnicería Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Coca-Cola, Feiraco, Reale Seguros, Jaime Castro Asesoría e Seguros. 

*