miércoles, 5 de junio de 2013

Aprobado o orzamento do 2013 da Mancomunidade de Ordes: 943.500 euros

Os alcaldes da Mancomunidade de Ordes reunidos esta semana en pleno.
Máis da metade está destinado a gastos de persoal

O pleno da Mancomunidade de Ordes aprobou esta semana o seu orzamento de cara o ano vixente por un importe total de 943.500 euros

Unha cifra resultante dos ingresos obtidos a través do servizo de axuda no fogar (44.000 euros), das transferencias correntes en cumprimentos de convenios subscritos coa Xunta de Galicia (503.219 euros), coa Deputación da Coruña (140.770 euros), así como por parte dos sete concellos integrantes (255.490 euros). 

De todos estes cartos a maioría destinaranse a gastos do persoal (508.829 euros) e a gastos correntes en bens, servizos e programas levados a cabo nos distintos ámbitos sociais (431.966 euros). Cerrando o apartado de gastos figura unha cuantía de 2.600 euros para gastos financieiros e transferencias correntes. 

Fomento do emprego
Na sesión plenaria celebrada onte tamén se acordou solicitar á Consellería de Traballo e Benestar unha subvención para ao fomento do emprego a través dos programas de cooperación

Concretamente preténdese contratar un total de doce persoas para labores de servizos complementarios, tal e como ata o de agora viñan realizando o persoal de Protección Civil. 

Continuando co ámbito laboral tamén se acordou a solicitude dunha axuda de 28.000 euros para a realización de actividades de promoción e fomento do cooperativismo de cara a o exercicio 2013.

Igualdade 

Non son as únicas axudas que se solicitarán ao longo deste mes xa que tamén se demandarán 70.000 euros destinados á promoción da igualdade. Un importe co que se pretende ofrecer unha cobertura aos sete concellos, de ahí a posibilidade de poder solicitar nesta ocasión un importe superior ao que se viña presentando ata o de agora.  

Estes fondos irían destinados ao mantemento e a dar continuidade coa labor realizada polo CIM, que actualmente conta cunha directora, psicóloga, asesora xurídica, e unha axente de igualdade. 

*