lunes, 3 de junio de 2013

Ardemil celebrou a súa terceira edición da Xuntanza Cabalar


Houbo degustación de cochinillo para todos os asistentes

Un ano máis a parroquia ordense de Ardemil acolleu esta fin de semana a súa Xuntanza Cabalar, que esta ano celebraba a súa terceira edición. En total foron máis de douscentos exemplares os que este ano se inscribiron.


Despois do día de onte onde a orquestra Atenas animou o encontro pasadas as 20:00 horas e onde tamén houbo cochinillo para todos os asistentes, o día de hoxe arrancou cun curso de bestas e cabalos cruzados. 


Xantar popular
A media xornada degustouse un xantar popular composto por lacón asado, patacas estofadas, pan, refrescos, viños, café e postre. Xa pola tarde disputáronse as competicións nas que houbo concurso de barriles, probas de trote libre e de andadura de trotóns.

*