O mércores 26 será o día grande
A parroquia ordense de Buscás celebrará a partires de mañá domingo as súas festas na honra de San Paio. As celebracións darán comezo ás 13:00 horas cunha misa.
Oficios relixiosos
De cara
ao mércores día 26 vivirase o día grande de celebración cunha misa ás
13:00 horas. Previamente tamén haberá oficios relixiosos ás 09:00, 09:30, 10:00, 11:00 e 12:00 horas e novamente ás 20:00 horas.
Nesta ocasión a música virá da man das orquestras
La Bámbola , presente tanto na sesión vermú como na
verbena nocturna, e Combo Dominicano.
*