As 'Noites de Tasca' dos Viqueiras de Ordes celebraron o seu quinto aniversario. |
Co gallo da celebración do quinto aniversario do evento folclórico popular
Coa colaboración da Mancomunidade e Concello de Ordes, Fotos Sonia, Esymar Artes Gráficas Agrupación Folclórico Cultural Sementes da Arte e Museo do Traxe Juanjo Linares
O quinto aniversario das Noites de Tasca, evento
organizado e promovido polo grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, encheu de
sons tradicionais a noite do venres na vila de Ordes. Máis de vinte agrupacións
repartíronse polos bares e establecementos da zona para ofrecer improvisados
concertos.
O artesán de gaitas e frautas galegas Oli Xiráldez. |
Obradoiros
Ás 19:00 horas arrancou
a gran festa na Alameda onde tivo lugar un obradoiro de baile galego impartido
por Helena Noya e Rocío López, mestras da Asociación Cultural Camiño Real de Poulo.
Alí mesmo tamén tivo lugar outro obradoiro de enredos sonoros,
que contou coa colaboración de Oli Xiráldez, artesán de gaitas e frautas
galegas. Nenos, nenas e adultos tiveron a ocasión de aprender cómo se fabrican
elementos musicais e partes de instrumentos tradicionais como as palletas das
gaitas, sempre empreñando elementos nobres como madeira e cañas.
Xa ás 20:00 horas e diante do
Museo do Traxe leváronse a cabo varios actos en relación co Día internacional
da danza, cuxa data de conmemoración foi o pasado 26 de abril, e que debido ás
condicións meteorolóxicas non se poideron levar a celebrar.
Un ensaio libre dos
grupos Sementes da Arte e Os Viqueiras, e a lectura dun
manifesto en relación coa arte do baile e da danza foron os actividades máis
destacadas deste encontro.
Pero foi a partir das 21.30
horas cando veciños, veciñas e aleccionados aos son tradicionais se botaron ás
rúas de Ordes para desfrutar e moverse ao ritmo dos máis de vinte grupos que
participaron nesta celebración.
‘Os Pelexos de Montaos’, ‘A.C. Camiño Real de
Poulo’, ‘Sarillo de Aiazo’ (Frades), ‘A. C. Camiño Real de Poulo’ (Ordes), ‘San
Martiño’ (Cerceda), ‘Xentiña’ (Trazo), ‘Caivanca’ (Lugo), ‘Escla de Müsica
Tradicional de Mesía’, ‘A. C. Rosalía de Castro’ (Cacheiras), ‘Espadana
Gaiteiros’ (A Coruña), ‘Sementes da Arte (Ordes), ‘Trouleiros de Lesta’
(Ordes), ‘Manuel Viqueira e O Freixo das Pontes’, ‘Escola de Música Tradicional
Xurde e A.C. Xacarandaina’ (A Coruña), ‘Embrixo de leira’ (Ordes), ‘Os
Viqueiras de Ordes e as Pandereteiras de Rodís’, ‘Buxos Verdes de Senra’ (Oroso),
‘Os Cincuenta dos Armadanzas de Laraño’ (Santiago), ‘Leirabuxo Gaiteiros’
(Melide) e ‘Pandereteiras Somos Nós’ (Ordes), foron os nomes que este ano
figuraron no cartel.
Pasada a media
noite todos eles congregáronse na cervexería Islia, onde se puxo punto e
final a tantas horas de leria cunha gran foliada que perdurou ata ben entrada a
madrugada.
Colaborando para cos
organizadores neste evento estiveron a Mancomunidade de Municipios da Comarca
de Ordes, o Concello de Ordes, Fotos Sonia, Esymar Artes Gráficas, a Agrupación
Folclórico Cultural Sementes da Arte e o Museo do Traxe Juanjo Linares.
*