Organizada pola Asociación Movida Ordes e Eventos Bergantiños coa colaboración do Concello de Ordes
O Paraíso celebra esta fin de semana as festas de San Antón
Este próximo sábado o Campo da Feira de Ordes
acollerá a celebración da I Festa da Cervexa. Unha cita que se poderá disfrutar
de balde e que dará comenzo a partir das 12:00 horas. No cartel previsto inclúense
as actuacións do grupo Familia Caamagno, ademais de contar con sesións de
música electrónica grazas á discoteca móvil pola que pasarán distintos dj´s.
Xa pola
tarde haberá un concerto de gaitas e de música tradicional que correrá a cargo
da A.C. Camiño Real de Poulo, Embruxos de Leira, Os Pelexos de Montaos e da
Escola de Música e Baile Tradicional de Mesía.
Os
organizadores de este evento instalarán unha carpa de máis de 400 metros cuadrados
para resgardarse en caso de chuvia.
Tamén haberá polbo, churrasco e moito máis
para os que decidan quedar a comer ou cear no mesmo lugar, ademáis de
hinchables e atraccións para os máis novos, entre outras sorpresas.
A I
Festa da Cervexa está organizada pola Asociación Movida Ordes e Eventos
Bergantiños, e conta coa colaboración do Concello de Ordes.
Festa de San Antón
Por outra banda e coincidindo na data o barrio do Paraíso celebrará este vindeiro sábado a súa tradicional festa na
honra de San Antón, que arrancará ás
13:00 horas cunha misa.
A cita estará animada pola orquestra Ciudad
Cristal, que ofrecerá dous pases, tanto na sesión vermú como á noite. Neste
caso tamén se instalará unha carpa para continuar a celebración en caso de que
a chuvia decida facer acto de presenza.
*