“É necesario manter a sinalización horizontal o máis clara e visible, de xeito que a conducción quede posibilitada coa maior garantía para todos”, manifestou o alcalde
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, mantivo recentemente unha xuntanza cos responsables do repintado da N-550 ao
seu paso pola vila e as inmediacións de Ordes.
Un encontro que tivo lugar hai
escasos días cos traballadores dependentes de Demarcacións de Estradas de
Galicia e no que o alcalde reiterou a necesidade de realizar esta tarefa de
maneira correcta, precisa e o máis rápida posible para garantirlle a seguridade
tanto a conductores como a peóns.
Manuel Regos aproveirou a xuntanza para transmitirlle
distintas peticións expresadas polos veciños en relación ao proceso de marcación
de liñas descontinuas, continuas ou isletas, entre outros.
Sinalización horizontal
“É necesario manter
a sinalización horizontal o máis clara e visible, de xeito que a conducción
quede posibilitada coa maior garantía para todos”, manifesta o alcalde.
Pola súa parte os técnicos tomaron nota das apreciacións indicadas polo
alcalde, a quen lle aseguraron que as terían en consideración e que levarían a
cabo o antes posible. Según lle explicaron debido a carencias de índole
económica os traballos están a sufrir un lixeiro retraso no seu proceso de
execución, “pero que pouco a pouco se iran facendo”.
*