sábado, 8 de junio de 2013

Manuel Regos chequeou o estado do roteiro do río Mercurín

O alcalde asegurou que "agora que chega a época de verán e o bo tempo queremos ter en perfectas condicións estas áreas e traxectos para os nosos veciños e visitantes" 

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, xunto á tenente de alcalde, Silvia Marín e o concelleiro de Medio Ambiente, Luis Gómez Candal, realizou recentemente un percorrido a pé polo roteiro do río Mercurín coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. Todos eles quixeron comprobar de primeira man o estado e a sinalización deste espazo.

Trátase da primeira visita que os membros do equipo do Goberno local teñen previstas polos distintos roteiros que transcorren polo termo municipal. 

O obxetivo destas camiñatas é o de comprobar de primeira man aquelas deficiencias en aspectos como as sinalizacións ou trazados que poidan ser melloradas ou correxidas. 

Manuel Regos, alcalde de Ordes.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
 “O roteiro do río Mercurín que xa se ten convertido nunha das áreas de lecer máis importantes para os veciños e veciñas de Ordes" 

"Trátase dun claro exemplo de recuperación e rexeneración dun espazo natural que revaloriza tanto a vila como a política mediambiental emprendida por este Concello, que nos ten levado a acadar unha Bandeira Verde pola boa xestión dos residuos e no consumo de auga”

“Queremos que agora que chega a época de verán e o bo tempo teñamos en perfectas condicións estas áreas e traxectos para que poidan ser desfrutados e contemplados tanto polos nosos veciños como polos visitantes”

*