domingo, 9 de junio de 2013

O Calasanz e San Tirso, campións de fútbol 8 prebenxamín e biberón

O equipo do San Tirso, campións en categoría biberón.
O Órdenes acadou o cuarto posto en categoría biberón

O VIII Campionato de Fútbol 8 Concello de Ordes xa ten cadro de gañadores nas súas categorías prebenxamín e biberón

Os equipos Calasanz, Conxo, Arteixo e Bertamiráns ocuparon as catro primeiras posicións respectivamente no caso da competición prebenxamín. No caso dos biberóns o mellor resultado foi para San Tirso, seguido polo Once Caballeros, Laracha e en cuarto lugar o Órdenes.

O equipo do Calasanz, gañadores en categoría prebenxamín.
Trofeos 
A xornada rematou coa entrega de trofeos por parte de Manuel Regos, alcalde de Ordes. 

*